miércoles, 28 de diciembre de 2011

Axentes de Saude: Nova promoción

Un ano máis temos o pracer de anunciar que temos unha nova promoción de axentes de saúde no CEREDA. Os/ as axentes de saude son personas consumidoras ou ex consumidoras de drogas que actúan como mediadores de pares para difundir mensaxes de saúde e autocoidados e proporcionar ferramentas para a reducción de riscos nos consumos de drogas e nas prácticas sexuais. 

Comida Fin de Curso

As persoas que se atopan nunha situación de exclusion social ou en risco, sintennos como iguais e polo tanto as suas mensaxes teñen máis valor e os cambios son máis fácilmente asumidos. Ademáis proporcionan ó equipo técnico unha visión en primeira persoa das problemáticas e circustancias das poboacións cas que traballan. 

Por todo isto, por enriquecer o noso traballo, por contribuir a facer a bola de nieve das mensaxes de saúde e coidados, por mellorar a calidade da vida e reducir os danos en prácticas `potencialmente de risco, por esforzarse tanto durante toda a formación....queremos faceros unha homenaxe e daros a benvida ó equipo de Médicos do Mundo.

Si queredes máis información sobreo programa de axentes de saúde contactade con nós, estaremos encantad@s de compartir a nosa experiencia. 


Comida Fin de Curso

No hay comentarios:

Publicar un comentario