sábado, 24 de septiembre de 2011

Sobre nós

O Grupo de Movilización naceu en agosto de 2010 có obxetivo de ser o altavoz das persoas que, tendo moito que decir, non son escoitadas. Formamos parte da equipa do Centro de Reducción de Danos de Médicos do Mundo en Vigo e traballamos polos dereitos das persoas que se atopan nunha situación de exclusión social, especialmente as consumidoras de drogas: A nosa guía e a filosofía da reducción de riscos e danos aplicada a tódalas facetas da vida (consumo, sexualidade, relacións, etc).

¿Quén somos?

Un grupo de voluntarios/as e persoal contratado de Médicos do Mundo en Vigo, cada un/ha cunha experiencia vital e profesional diferente que enriquece o traballo e aporta diferentes puntos de vista.


¿Qué facemos?

-Defendemos os Dereitos Humáns Fundamentais recollidos nos diferentes Tratados Internacionais como marco de referencia para tódolos Estados, esixindo o seu cumprimento as diferentes Administracións cando é preciso.
-Participamos en diferentes foros, plataformas e redes con outras asociacións e Ongs co fin de acadar un mundo máis xusto e equitativo e un cambio no sistema actual.
-Reivindicamos, damos voz ós protagonistas das inxustizas.
-Visibilizamos, mostramos a sociedade as problemáticas que moitas veces descoñece ou non quere ver.
-Colaboramos activamente con Médicos do Mundo (tanto a nivel autonómico como estatal) na elaboración de políticas e programas no eido da exclusión social e das drogodependencias.

¿Onde estamos?

En Vigo, na rúa Illas Baleares 15 baixo (esquina con San Amaro).

¿Quén pode participar?

Toda aquela persoa comprometida coa defensa dos Dereitos Humáns, especialmente co colectivo de exclusión social e drogodependencias. Non esiximos nin experiencia previa, nin formación, só moitas ganas de aprender e de formar parte activa do cambio.

¿Cómo podo contactar?

No teléfono 986.484.301

No email galicia.mobilizacion@medicosdelmundo.org

Ou a través do noso facebook: Grupo Movilizacion Drogas Vigo https://www.facebook.com/people/Grupo-Movilizaci%C3%B3n-Drogas-Vigo/100001693601857

EVOLUCIONA!!! Pasa de PENSAR nun Mundo Mellor, a LOITAR por él. ACTIVÉMONOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario