lunes, 13 de febrero de 2012

Grupo Movilizacion en Drogas de Médicos do Mundo VIGO. Comunicado: 14 de febrero “Día Europeo da Saúde Sexual”


Dende o Grupo de Movilización de Drogas Vigo no día Europeo da Saúde Sexual, mostramos a nosa preocupación polo que entendemos sería un recorte dos dereitos humáns básicos fundamentais, si se deroga a actual Lei de Saúde Sexual e  reproductiva e interrupción voluntaria do embarazo.

            A OMS define a saúde sexual como: “un estado de benestar físico, emocional, mental e social. A saúde sexual require un achegamento positivo e respetuoso hacia a sexualidade, así como, a posibilidade de obter pracer e experiencias seguras, libres de coercións, discriminacións e violencia. Os dereitos sexuais deben ser respetados, protexidos e cumplirse”. Os dereitos sexuais abarcan dereitos humáns e están recoñecidos nas leis nacionais, os documentos internacionais sobre dereitos humáns e outras declaracións de consenso (Conferencia de Población e Desenvolvemento no Cairo,94 e a Conferencia Mundial sobre as Mulleres, Beijing, 95). Entre eles atópanse o dereito de toda persoa, sen coacción, discriminación, nin violencia, a alcanzar o nivel mais elevado posible de saúde en relación á sexualidade, incluindo o acceso á servicios de atención da saúde sexual e reproductiva.

            Na españa, parte destes dereitos, veñen regulados no marco lexislativo pola lei orgánica 2/2010 do 3 de Marzo, de saúde sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo.
            A lei parte da convicción, avalada polo mellor coñecemento científico, de que unha educación sexual adecuada, o acceso a métodos anticonceptivos e a servicios de saúde sexual e reproductiva é o xeito adecuado de prevenir, as infeccións de transmisión sexual, e os embarazos non desexados e as interrupcións dos embarazos.

            Consideramos que é necesario protexer e cumplir estes dereitos, coa continuidade da actual Lei, promocionando a educación sexual nos centros educativos ( a nosa preocupación tamén pola desaparición da asignatura de educación para a ciudadanía) e o acceso a anticoncepción; senón estaríase a vulnerar os dereitos das mulleres o negarlle decidir sobre a súa propia maternidade, e o seu corpo, e delegar nun tutor ou noutra persoa que decida por elas.

            De ser isto así, e que o seguinte cambio da Lei ( despois do recorte de dereitos as mulleres de 16 e 17 anos) sexa retroceder do sistema de prazos o sistema de indicadores, poden darse situacións ademais de inseguridade e desprotección jurídica, xa que calquera muller que se acolla a un suposto de despenalización pode posteriormente ser cuestionada e encausada.

            Por todo isto, defendemos nun día coma hoxe de celebración dos dereitos da saúde sexual en Europa, que as leis de España defendan e protexan estes dereitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario