jueves, 6 de octubre de 2011

Misioneras do silencio ofrecen albergue ó Concello de Vigo


Foto: El Mundo

As Misioneras do Silencio ofrecen as súas 50 prazas de albergue ó Concello de Vigo no seu centro de Marqués de Valterra como solución inmediata á falta de camas de titularidade pública.

O grupo de Movilización de Vigo considera que é positivo que o albegue pase a xesión pública, se ben queremos engadir:
   - será necesario que parte das prazas sexan para mulleres
   - é preciso que se coordinen este albergue e o de Teis para cubrir

      a pernocta de todo o mes e que non queden días soltos sen cama
      para ninguén
   - deberá contar con prazas reservadas para emerxencias (altas 
      hospitalarias, etc) 
   - a inmediata apertura deste recurso prometido antes das
      pasadas eleccións municipais tendo en conta que se achega o
      inverno. 
E por último lembrar que esta é unha solución temporal, que o que as persoas sen fogar precisan é un Centro de Inclusión Social, que non só cubra a durmida, senón que abranga toda a complexidade da vida (intervención sociosanitaria, programas de inserción social, apoio profesional, calor e café, consignas, residencia de media e longa estancia, etc).
   
CENTRO de INCLUSION SOCIAL XA!!!!"


  +info: Faro de Vigo / La Voz de Galicia / El Mundo



No hay comentarios:

Publicar un comentario