NOTA
DE PRENSA: MÉDICOS DO MUNDO
25
DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Co galo do día internacional da eliminación da violencia contra a
muller, dende o grupo de Movilización Social de Médicos do Mundo en Vigo, queremos
achegar a ciudadanía a realidad da violencia das mulleres que conviven co VIH,
tema que esta gañando importancia na axenda internacional de vih, xénero e
desenrolo.
Aínda que a violencia contra as mulleres que viven có Vih pode ser
un reflexo das dimensións da violencia contra a muller en xeral, (violencia que soe recoñecerse coma unha ameaza grave para a
saúde pública e para o incumplimiento dos dereitos humáns, xa que entre un 15 e
un 71% das mulleres din que sufriron agresións físicas ou sexuais por parte das
súas parellas), a violencia exercida
contra a muller VIH, ten otros factores a ter en conta, coma son, ademais das
vinculadas a relacións de poder por parte do home nas relacións de parella,
-Estar nunha situación de maior vulnerabilidade de risco de
contraer a infección por non poder decidir ter relacións sexuais protexidas,
-Non ter a posibilidade de saber si están expostas a infección,
debido os mandatos de xénero existentes na sociedade, xa que as vías de
transmisión implican costumes e hábitos na que as persoas expoñense coas súas emocións e crenzas ante a súa
sexualidade.
-A criminalización do
traballo sexual das mulleres vih, das usuarias de drogas, e as mulleres vih,
tamén poden ter un trato violento no entorno sanitario, as violacións de
dereitos reproductivos son unha violencia de xénero:
falta de dispoñibilidade ou interrupción do suministro de
anticonceptivos,
trato de prexuicio no estado reproductivo,
asesoramento coercitivo sobre planificación familiar,
esterilización obrigada,
ou abuso verbal,...
Poñen unha barreira no acceso á atención en saúde reproductiva.
Tamén temos que contar como síntomas da
violencia contra a muller VIH, -Factores
de estigma e discriminación existentes na sociedade, e entre otros:
non poder ver os seus fillos,
ser expulsada dos círculos familiares e sociais,
dificultade para atopar un emprego ou vivenda,
o uso dunha linguaxe discriminatoria,
as lexislacións e políticas que se desenrolan sen ter en
conta a perspectiva de xénero e o estado serolóxico...
Por todas
estas razóns, MDM, quere neste día facer un chamamento a ciudadanía e os
responsables políticos, para que teñan en conta esta realidade e a visibilicen
nos programas, campañas, discursos e políticas que se fagan contra a violencia
da muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario