domingo, 16 de octubre de 2011

X Aniversario de Médicos do Mundo.


O venres día 9 de outubro celebramos na Sala Mondo o noso X aniversario. Médicos do Mundo leva unha década en Vigo e que mellor maneira de festexalo que cun gran concerto triple! Dende aquí queremos dar o noso agradecemento á sala Mondo pola cesión gratuíta da sala e por facilitarnos moitísimo as cousas; ós tres grupos (Replyca, Distrito Criminal e 2sisters) por tocar para nós de balde, deixarse a pel no escenario e facernos pasar unha noite incrible. E por suposto, grazas a todos/as os/as que pasastes por alí a compartir unha data tan especial para nós.











No hay comentarios:

Publicar un comentario